Relixión

           
  1. Obradoiro sobre consumo responsable

O venres 15 de decembro tivemos un obradoiro, a cargo de educadoras de Solidariedade Internacional, no noso centro con alumnado de 2º da ESO.

A temática foi: O consumo responsable, dentro da campaña: No nadal non te consumas


2. Stand de Comercio Xusto

A finalidade foi que o alumnado se convertera en axente multiplicador da información de cara ao resto do centro e familias, e ofrecer unha alternativa de compra real cara ao excesivo consumismo de produtos elaborados e poñer en valor os produtos de procedencia ecolóxica. A través desta iniciativa o alumnado converteuse no protagonista da súa propia acción de educación para o consumo. Ao mesmo tempo e a través da venda dos produtos de Comercio Xusto, colabora coas cooperativas produtoras dos países do Sur.


3. Charla sobre os beneficios da alimentación ecolóxica

O día 30 de xaneiro  organizouse unha charla con Xosé Manuel Durán Orús, licenciado en Químicas, presidente da Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia e presidente da Asociación "Non é o mesmo", cuxo labor é divulgar no ámbito escolar e cidadán os valores da alimentación e produción de alimentos ecolóxicos de proximidade.

Os destinatarios desta actividade foron o alumnado de 2ºESO, divididos en dous grupos, cunha hora de charla cada grupo.

Traballouse a seguinte temática:

  • Todo o que hai detrás dun alimento ecolóxico.
  • Os seus beneficios para a saúde 
  • Outros valores dos que non nos decatamos e son ben importantes. 


Todas as persoas que traballan cultivando, elaborando ou ofertando alimentos ecolóxicos fano polo ben da saúde das persoas e do lugar no que vivimos. Fano antepoñendo ás persoas fronte ás cousas, a cooperación fronte á competitividade, a xenerosidade fronte ao egoísmo, a responsabilidade social fronte ao consumo irracional.



         










Ningún comentario:

Publicar un comentario