EDL




1. Coordinación

O EDL coordinou o proxecto dando, asemade, conta das actividades. O seguinte vídeo é un resumo do que se foi facendo ao longo do curso.







2. Colaboración interdisciplinar


  • A máquina comecalorías

Co profesor Javi Bao, do Departamento de matemáticas, presentamos o xogo da máquina comecalorías para escoller menús e quilocalorías consumidas.

 Este xogo ten a finalidade de advertir sobre o consumo de quilocalorías ao longo dun día para unha persoa cunhas determinadas características.
   
 En función do sexo, a idade, masa corporal e estatura calcúlase a TMB (Taxa de Metabolismo Basal), e tendo en conta tamén o grao de actividade física, amplifícase ese cálculo para adecualo mellor. Con esas necesidades calóricas, o usuario debe elixir tres menús para un determinado día (almorzo, comida e cea) para satisfacer ditas necesidades.


   
 O obxectivo do xogo será ver se o usuario é consciente e coñecedor das quilocalorías que teñen os alimentos que consome.








3. Difusión

Ademais ocupouse da creacción dun comando informativo entre o alumnado, para que fora informando, aos que consomen comida-lixo, do pouco saudables que son eses hábitos.














Ningún comentario:

Publicar un comentario