Galego




Dende o departamento de Lingua Galega e Literatura participamos neste proxecto con moita ilusión, pois consideramos que a linguaxe tamén ten moito que ver co que comemos, co que nos venden e co que somos. Así que velaquí as nosas actividades:


  • 1ºESO. Receitas saudábeis e ecolóxicas


Coa nosas exquisitas receitas saudábeis, coñecemos as características dos TEXTOS INSTRUTIVOS; e polo tanto, a estrutura de toda receita de cociña. Se a isto lle sumamos a utilización das novas tecnoloxías, velaquí o resultado.










  • 2º ESO. O spot televisivo

Analizamos os elementos verbais (corpo, slogan...) e non verbais (imaxe e son) deste tipo de textos persuasivos e profundizamos na importancia das figuras retóricas neste formato publicitario . 



O punto de partida para iniciar esta actividade foi a seguinte  presentación


A partir de aquí, distribuímos o traballo en grupos e puxémonos a realizar un spot televisivo no que se promocione a filosofía deste Plan Proxecta: os hábitos de alimentación saudable.



E velaquí os resultados!!












  • 3ºESO.  Documental: a comida lixo

Neste nivel, traballamos o texto expositivo e argumentativo a través do xénero do documental. Despois dun profundo proceso de investigación, centrámonos nos seguintes aspectos.


  • Que entendemos por comida lixo?
  • Que valor nutricional supón para o consumidor?
  • Que vantaxes ten?
  • Inconvenientes ou efectos secundarios na saúde
  • Algúns consellos saudables
  • Por que o ecolóxico é máis sa.

Aquí deixamos unha mostra dos traballos realizados 
























Ningún comentario:

Publicar un comentario