xoves, 5 de abril de 2018


ARRINCAMOS O PROXECTO COA SEMANA SA!!

A Semana sa, está incluída no macroproxecto "A roda do Ano", celebrouse na semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro, e resultou ser unha experiencia exitosa, útil e concienciadora  que pensamos repetir.





Consistiu en varias actividades:

1.  Elaboración de almorzos saudables e ecolóxicos dirixidos ao alumnado de 1º ESO, cada día almorzou un grupo de alumnos e alumnas; esta primeira comida consistía en: zumes naturais de laranxa, torradas con marmeladas ecolóxicas, leite con cacao natural e froita. Os almorzos elaborounos un grupo de profesores e profesoras, pertencentes a este proxecto, en quendas.





2. O alumnado de Iniciativas emprendedoras, xunto co profesor da materia, foron mercar os produtos a un supermercado da zona, para adquirir competencias que se traballan nesta materia.






3. Dentro desta semana houbo un obradoiro de cociña, a cargo do profesor de educación Física



4. Tamén puidemos asistir a conferencias sobre comida saudable  e dietas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario